Escornabot HFD

Unha versión do Escornabot para o Hardware Freedom Day

Obradoiro Escornabot HFD

logo.png

O vindeiro sábado 23 de outubro de 10 a 14 horas na zona Maker do Museo Domus de A Coruña, temos taller de Escornabot, en versión presencial e on-line simultáneamente. Hai dispoñibles 20 prazas (ata un máximo de 10 en modalidade on-line).

O taller centrarase na presentación e montaxe do Escornabot HFD, unha nova versión do clásico robot educativo con diversas vantaxes técnicas. O taller desenvolverase na zona maker da Domus o día

Entregarémosvos todo o necesario para seguir o taller de montaxe do robot, aínda que quizais prefirades traer algúns utensilios ou ferramentas cos que vos sintades cómodos, como o voso propio computador, soldador, polímetro, ferramentas pequenas, etc.

Dadas as características de ferramenta pedagóxica do escornabot, darase preferencia ás persoas que traballan no mundo da educación.


Sobre

logo.png

Escornabot HFD é un proxecto ideado para a celabración do [Hardware Freedom Day](Hardware Freedom Day para mellorar, construir e conquistar o mundo có Escornabot.

Grazas ao convenio AGUSL 2020 promovido e patrocinado pola AMTEGA e dirixido a diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre fumos quen de cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento, as probas do proxecto, e a fabricación dunha pequena tirada de kits para repartir entre os colexios interesados.

A celebración do HFD é a excusa perfecta para marcar os fitos relacionados có FLOSHS (Free Libre Open Source Hardware e Software). Con este motivo, dende Bricolabs plantexámonos o Escornabot HFD 2020 como unha oportunidade para:

  • Desenvolver unha nova versión “verde” da PCB Escornabot que poida funcionar con baterías recargables
  • Lanzar un reto para imprimir en 3D decenas de corpos de Escornabot coa axuda da Comunidade Maker
  • Repartir os kits Escornabot xunto coas pezas impresas a centros educativos y de interese especial de todo o país
  • Recoller as experiencias do que supuxo a edición Escornabot HFD 2020

Proxectos


Wiki

Podes consultar a documentación detallada do proxecto na nosa wiki


Instruccións de Montaxe

As instruccións detalladas para montar un robot Escornabot HFD están dispoñibles na nosa wiki


Contacto

Contéstaremosche o antes posible.

Mi hora local actual es .

escornabot@gmail.com