Unha versión do Escornabot para o Hardware Freedom Day
O vindeiro sábado 23 de outubro de 10 a 14 horas na zona Maker do Museo Domus de A Coruña, temos taller de Escornabot, en versión presencial e on-line simultáneamente. Hai dispoñibles 20 prazas (ata un máximo de 10 en modalidade on-line).
O taller centrarase na presentación e montaxe do Escornabot HFD, unha nova versión do clásico robot educativo con diversas vantaxes técnicas. O taller desenvolverase na zona maker da Domus o día
Entregarémosvos todo o necesario para seguir o taller de montaxe do robot, aínda que quizais prefirades traer algúns utensilios ou ferramentas cos que vos sintades cómodos, como o voso propio computador, soldador, polímetro, ferramentas pequenas, etc.
Dadas as características de ferramenta pedagóxica do escornabot, darase preferencia ás persoas que traballan no mundo da educación.
Escornabot HFD é un proxecto ideado para a celabración do [Hardware Freedom Day](Hardware Freedom Day para mellorar, construir e conquistar o mundo có Escornabot.
Grazas ao convenio AGUSL 2020 promovido e patrocinado pola AMTEGA e dirixido a diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre fumos quen de cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento, as probas do proxecto, e a fabricación dunha pequena tirada de kits para repartir entre os colexios interesados.
A celebración do HFD é a excusa perfecta para marcar os fitos relacionados có FLOSHS (Free Libre Open Source Hardware e Software). Con este motivo, dende Bricolabs plantexámonos o Escornabot HFD 2020 como unha oportunidade para:
Deseño
O deseño da PCB Escornabot HFD está centrado en:
Obradoiro de montaxe PCBs
A nova placa para Escornabot con nome crave “Escornabot HFD” foi fabricada grazas ao patrocinio de AMTEGA, grazas ao convenio AGUSL-2020.
Neste taller queremos comprobar que dificultades terán que enfrontar calquera persoa que se apunte aos futuros talleres para soldadura das PCB Escornabot HFD.
Todas as intrucciones de montaxe da placa poden consultarse en a entrada correspondente ao taller na wiki do Escornabot HFD
Podes consultar a documentación detallada do proxecto na nosa wiki
As instruccións detalladas para montar un robot Escornabot HFD están dispoñibles na nosa wiki